miércoles, 17 de diciembre de 2008
lunes, 17 de noviembre de 2008
SEGUINDO A ESCOLA DE AUGUSTO BOAL
Obradoiro de Teatro do Oprimido dirixido e impartido por Hugo Cruz, Coordenador do Núcleo de Teatro do Oprimido e profesor de teatro social na Universidade de Porto, coa colaboración de Fran Ameixeiras, actor e membro do colectivo de transformación social Pallas@s en Rebeldía. Ambolos dous teñen formación en TO con Augusto Boal e Barbara Santos entre outros.
Días 28, 29 e 30 de novembro na Aula Multiusos da Residencia Universitaria Monte da Condesa, no campus sur
HORARIO
Venres 28 de decembro: Ás 21,30 representación de Teatro Forum a cargo do NTO de Porto coa peza “O que é que se passa?” sobre a violencia doméstica.
Sábado 29 de decembro: de 10h a 14h e de 15.30 a 19.30
Domingo 30 de decembro: de 10h a 14h e 15.30 a 17.30 e a partires das 18h rematarase coa escenificación das pezas de teatro forum que se crearán durante o curso, baseadas nas experiencias persoais dos participantes.
PAGAMENTO
5 euros que se pagarán na entrada ao obradoiro o sábado pola mañan.
PROGRAMA DO CURSO
A árbore do Teatro do Oprimido
Noción de opresor e “espect-actor”
A relación opresor-oprimido
Xogos e exercícios teatrais:
::::::Primeira categoria: Sentir todo o que se toca
::::::Segunda Categoria: Escoitar todo o que se oe
::::::Terceira categoria: Dinamizando todos os sentidos
::::::Cuarta Categoria: Ver todo que se olla
O teatro-imaxen e teatro-forum
O papel do curinga
Construción e discusión de escenas de forum a partir de situacións da realidade
Aplicacións posibles do TO en contextos diversos
TEXTOS DE AUGUSTO BOAL DO SEU LIBRO ”TEATRO DO OPRIMIDO E OUTRAS POÉTICAS POLÍTICAS”
“... o Teatro do Oprimido, xamais foi un teatro equidistante, que rexeite tomar partido. É un teatro de loita. É o teatro dos oprimidos, para os oprimidos, sobre os oprimidos e polos oprimidos sexan traballadores, labregos, desempregados, mulleres, negros, mozos ou vellos, portadores de deficiencias físicas ou mentais, en fin, todos aqueles aos que se lle impón o silencio e aos que se lle retira o dereito á existencia plena...”
“...O Teatro Forum, tal vez a forma do TO máis democrática e, certamente, a máis coñecida e practicada en todo o mundo, usa ou pode usar todos os recursos de todas as formas teatrais coñecidas, e sumandolle a todas estas unha característica esencial: os espectadores – aos cales chamamos de Spect-actores – son convidados a entrar na escena e, actuando teatralmente e non apenas usando a palabra, revelar os seus pensamentos, desexos e estratéxias que podem suxerir, ao grupo o cal pertencen, unha serie de alternativas posibles inventadas por eles mesmos: o teatro debe de ser un ensaio para a vida real, e non un fin en si mesmo...”
“...O Teatro do Oprimido, en todas as súas formas, busca sempre a transformación social da sociedade no sentido da liberación dos orpimidos. É acción en si mesmo, e é preparación para accións futuras...”
“...En Santiago de Chile, en 1974, invitado polo consulado Francés, traballei con operarios chilenos; entre eles, aquel que era o máis combativo na loita contra a dictadura, propoño unha escena de familia na que el, inconscientemente, mostrábase dictador en relación a súa muller e as súas fillas. Na política, loitaba contra a dictadura e, na familia, exercía poderes dictatoriais. Aquel operario era insconsciente das opresións que exercía, pois, para el, era o único xeito que coñecía e aceptaba de ser un “bo pai severo”. Confundía as súas opcións opresoras coa función de Pai. Era tan insconsciente do significado do que facía como aquel axente de prisións que, despois de unha sesión de Teatro Forum sobre o comportamento violento de guardas carcelarios, comentou: ‑“Eu non sabía que era un torturador: pensaba que eso que eu facía era “educar aos presos”. Este guarda e aquel operario algo aprenderon sobre ética e, certamente, mudarán o seu comportamento. Eran opresores non conscientes e, en parte, deixaran de selo. Traballar con estes vale a pena e pode ser transformador. No centro do Teatro do Oprimido do Rio de Janeiro xa traballamos con homes que batían nas súas mulleres. A vergoña que algúns sentían, ao verse en escena, xa era o inicio da tranformación posible. É pouco? Si, moi pouco, máis a direción da camiñata e máis importante que o tamaño do paso. Traballamos con profesores que batían nos seus alumnos e pais nos seus fillos: a visión teatral das súas opresións facíalles pasar vergoña, e a muitos, os transformaba. O Espacio Estético é un espello de Aumento que revela comportamentos disimulados, insconscientes ou ocultos. Non debemos ter medo ou pudor de traballar con persoas que exerzan funcións ou profesións que ofrezan a oportunidade e o poder de oprimir – temos que crer en nós e no teatro. Máis temos que ter coidado… e saber escoller o noso lado...”
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DO TO
http://www.theatreoftheoppressed.org/en/index.php?nodeID=27
TEATRO LEXISLATIVO
http://www.ctorio.org.br/TEATROLEGISLATIVO.htm
ESTÉTICA DO OPRIMIDO
http://www.ctorio.org.br/esteticadooprimido.htm

Suscribirse a:
Entradas (Atom)